Noticias






Toca un fin de semana completito co Cto de España de Duatlón de Relevoss e Contra-reloxo en Soria.
Comecemos co sábado. As primeiras en competir serán as rapazas escolares, un equipo formado por tres cadetes - Isa, María e Carmen - e tres infantís de primeiro ano ? Cata, Elsa e Carla-. As seis debutarán neste tipo de competición onde deben facer todo o duatlón xuntas. Seguro que aprenderán e gozarán da experiencia. Os seguintes en saír serán os escolares masculino cos cadetes: Javi, Fran e Antonio, e o infantil Esteban. Os mozos xa participaron o ano pasado nesta competición e están desexando poder mellorar o resultado.


Despois será a quenda das chicas élite, elas son: Fani, Cecilia, Sharon, Raquel, Sara e Silvia. Hai que destacar que as seis veñen de alcanzar moi bos resultados no Cto de España de Duatlón de Cerdanyola e que o ano pasado foron subcampeonas neste campionato. Polo que van con moitas ganas de repetir ou mellorar resultado


Os últimos en saltar ao rodo serán os nosos mozos élite, un equipo formado por un cadete, dous junior e un absoluto: Romaric, Javi, Jesús e Guillaume. Igual que as mozas, estamos ante catro rapaces que obtiveron grandes resultados no Cto de España de Duatlón, onde Romaric foi o campión cadete e Javi e Jesús subcampeón e terceiro clasificados junior


O domingo será o momento das substitucións, onde sairemos cun equipo cadete masculino, formado por Javi, Fran e Antonio, dous equipos femininos, un formado por: Carmen, Isa e Elsa e o outro por Carla, Cata e María.
Finalmente estará na saída élite un equipo masculino e outro feminino

Moita sorte a todos!!!

Patrocinadores


© 2007-2017 Cidade de Lugo - Fluvial
Nazario Abel 83, 1 Dcha. (LUGO)