Noticias






Este fin de semana acudimos ao Cto de España de Duatlón de Contra-reloxo e Relevos cun gran número de equipos

 


Esta é a primeira cita nacional do noso equipo, consta de dous días de competición do máis alto nivel. O primeiro día ten lugar un duatlón contra-reloxo por equipos, cada equipo formado por seis deportistas, nesta xornada o Cidade de Lugo Fluvial teremos en liña de saída seis equipos.

O élite masculino é un equipo que mestura mocidade e experiencia a partes iguais, estará composto por Pablo Dapena, Antonio Benito, Andrés Cendán, Javier Lluch, Romaric Forqués e Jesús Del Val. Todos estes son deportistas internacionais, entre eles atópase o actual campión de Europa de Triatlón Junior e o subcampeón de Europa Cadete, ademais hai que destacar a participación de Pablo Dapena na final das World Series. O equipo élite feminino compóñeno cinco deportistas: Esther Rodríguez, Silvia González, Sara Ruiz, María Rico e Lucía Vergara. Hai que destacar que o ano pasado nesta mesma proba as mozas lograron un magnífico segundo posto.

O Cidade de Lugo Fluvial, no seu afán de seguir promocionando o deporte nos máis pequenos, presentará na cita nacional tres equipos escolares (dous masculinos e un feminino). Estes tres equipos suman un total de 18 triatletas pertencentes á escola de Triatlón do Club en idade infantil e cadete. Finalmente, acudirá un equipo masculino na proba Open.

O domingo será a quenda do Cto de España de Relevos, nesta ocasión os equipos deben estar formados por tres deportistas, cada un realizará un duatlón en distancia supersprint.

O equipo élite masculino estará composto por Pablo Dapena, Antonio Benito e Andrés Cendán. No feminino serán: Lucía Vergara, Sara Ruíz e Silvia González as que estarán en liña de saída. Ambos equipos o ano pasado foron subcampeones de España nesta proba.

Xa na categoría escolar é onde veremos unha maior participación de equipos do Club, alí estarán presentes tres equipos escolares masculinos e dous femininos. No Triatlón Cidade de Lugo Fluvial apostamos pola máxima promoción da canteira co obxectivo de impulsar o triatlón lucense.

Hai que destacar que o pasado 2016, fomos Campións de España de Triatlón tanto en Liga Masculina como na Feminina

Patrocinadores


© 2007-2017 Cidade de Lugo - Fluvial
Nazario Abel 83, 1 Dcha. (LUGO)